miércoles, 25 de marzo de 2009

Asemblea Constituinte

Ó redor das 21:00, tal e como se quedara, daba comezo a xuntanza que tiñamos previsto convocar para por a andar do xeito máis ilusionante posible o novo proxecto unitario do antifascismo lugués. Á esta primeira convocatoria respostou un número consecuente de lugueses e non lugueses que amosaron coa súa asistencia o compromiso que parte da sociedade da nosa cidade ten ó redor das ideas que defendemos.

A asemblea transcurriu en termos xerais sen dificultade algunha sendo comandada por dous membros da recén constituída BAF Lugo. Estas dúas persoas abordaron os diferentes puntos que estaban previstos chegando a un consenso unánime en diferentes ámbitos organizativos, culminando a reunión con varias actividades formuladas, das que agardamos ter unha realizacións nas próximas semanas.

O clima da asemblea transcurriu nun ambiente de confraternidade onde cada un aportou as súas ideas para establecer así de xeito colectivo os caminhos de actuación a seguir.

Sen máis, agradecervos a todos vós o apoio e a asistencia e convidarmos a próximas asembleas abertas que poidamos levar a cabo nas próximas semanas ou meses, dende aquí estamos satisfeitos de esta nova andaina e esperamos un longo caminho de actividades e convocatorias que dinamicen a presenza do movemento antifascista na rúa.