sábado, 4 de abril de 2009

Basta Xa de Represion Policial!

Imaxe da detencion dun dos companheiros





Na entrada anterior explicábamos como catro companheiros foran retidos e detidos este domingo no estadio da nosa cidade cando se tentaban respostar ás provocacións e agresións verquidas por membros da afección rival, do grupo ultra de corte espanholista Frente Norte.

A actuación e o despregue pseudomilitar que organizaron as forzas de seguridade fixo que os medios se fixeran eco do feito, reinterpretando os acontecementos do mellor xeito que saben, fiándose de versións oficialistas e manipulando punto por punto a realidade evidente.

Dende as élites xudiciais co fin de establecer unha represión efectiva sobre os catro afeizoados deicidiuse tomar unha sanción desmesurada e inapropiada que de seguro non aplicarían se foran outros os sancionados. O Estado e a súa maquinaria autoritaria sempre tentan levar a cabo as súas medidas contra aqueles que tenhen menos posibilidade para defenderse. Así o Comité Antiviolencia, institución hipócrita e partidista, dispuxo que os catro sancionados non poidan volver a entrar a animar o seu equipo e así mesmo impúxolles multas das que aínda está por determinar a cuantía total, estas sitúanse ó redor dos 3000 € e mailo impedimento de entrar ó estadio durante 6 meses.

Agora dende aquí preguntámonos porque a nós si e ó resto non, porque se sigue aplicando as medidas ós mesmos mentres ós outros campan as súas anchas polos terreos de xogo amosando emblemas fascistas e entoando cantos racistas como sucede cada domingo en moitos lugares do Estado Espanhol, onde está aí a Comisión Antiviolencia? onde está aí a Comisión contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte? Que quere dicir para este último todas esas palabras que aparecen no seu nome?

Dende aquí só queda amosar a nosa firme condea perante estes feitos, e mobilizar á toda a sociedade antifascista a que denuncie o radicalismo das forzas policiais e que non abandoe a loita, tan só dese xeito calquera agresión poderá ter unha firme resposta.

FÓRA AS FORZAS DE OPRESIÓN!
SOLIDARIEDADE COS SANCIONADOS!