jueves, 7 de octubre de 2010

TORNEO ANTIRACISTA,FESTA E CONCERTO...

O vindeiro sabado dia 9 as BAF Lugo dentro das Festas Alternativas que se estan a levar a cabo na nosa cidade organizamos unha boa xornada de festa e loita.

Comezaremos a iso das 15:00 h no CEIP Luis Pimentel o 1º Torneo Antiracista de futbol de salon,no que calquera mozo ou non tan mozo sera ben recibido.
Xa a iso das 20:00 seguiremos a troula con unha boa musica Ska-Reggae no que teremos petiscos de balde.(CS Madia Leva!)
E coma continuacion de festa contaremos co concerto do grupo de recente creacion e de orixe Lucense ,no cal hai algun membro do noso colectivo,L.S.D (Lugo Sen Descanso Punk) cos seus ritmos cañeiros e letras pegadizas que de seguro nos ofrecen unha boa noite no dia do seu debut.
Con eles teremos algunha sorpresa mais...

Nestes dias colgaremos por aqui o cartaz da Xornada xunto cos de outros actos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario