lunes, 25 de octubre de 2010

Recordo Vitimas Franquismo.

LUGO 29 Setembro do 2010

ACTO EN RECORDO A OS ULTIMOS 5 ASESINADOS DO DITADOR FASCISTA FRANCO E A TODAS AS VITIMAS DO FRANQUISMO

Como fai un ano, dous, catro ou 35, cada setembro seguimos lembrando aos asasinados o 27 de setembro de 1975: Baena, Sánchez-Bravo, García Sanz, Paredes Manot “Txiki” e Otaegi, militantes de organizacións antifascistas .

En Galiza, Euskadi, Catalunya, Madrid, País Valencià e outros puntos do estado español, fixeronse actos que lembren os últimos asasinatos do ditador fascista Franco, un mes e medio antes de morrer miserablemente. Nestes actos seguirase pedindo a anulación destes e de todos os xuízos do fascismo español e a aplicación do principio universal de verdade, XUSTIZA E REPARACIÓN. E, pola proximidade de datas, o secuestro e entrega da Gestapo aos fascistas españois do President da Generalitat, Lluís Companys e a súa posterior execución no castelo de Montjuïc.

Estes actos, máis aló de ser homenaxes particulares o son universais porque constitúen un recoñecemento a todos e todas as antifascistas do estado español, a todos e todas aquelas que deron a súa vida pola liberdade, aos asasinados en xuízos farsa, aos escravos e escravas do fascismo, aos maquis, aos inmolados e inmoladas nos campos de exterminio nazis, aos que loitaron nas duras condicións de clandestinidade contra o fascismo, nos cárceres, o exilio?, até a morte do ditador e durante os “anos de chumbo” da chamada Transición do réxime e os seus cómplices “demócratas”. E, desde logo, a denuncia desa pirueta xurídica que cualifica aos militantes antifascistas que utilizaron todos os medios posibles para loitar contra a ditadura de “terroristas”.

En momentos como os actuais, onde un fascismo adaptado ás novas necesidades do capital, segue sendo culpable de convulsións económicas e políticas e retrocesos, gravísimos retrocesos, nos dereitos sociais e democráticos conseguidos a través da loita, non sería van lembrar, que, a pesar da “Transición” e aos “Pactos da Moncloa”, os trinta e cinco anos trascurridos, non nos deron nin unha sociedade máis xusta, nin os dereitos de decisión, nin maior grao de democracia, nin a ampliación substancial dos dereitos participativos, nin a restitución da legalidade republicana. Por tanto, a loita pola ruptura democrática, baixo outras circunstancias políticas e organizativas, segue vixente xunto ao seu carácter antifascista.

Outro setembro máis, a pesar dos intentos de indución á amnesia colectiva e á criminalización da memoria das últimas vítimas do franquismo, non esquecemos.

BAF LUGO