jueves, 2 de diciembre de 2010

As BAF Lugo contra o desaloxo da Casa das Atochas(A Corunha)


Estamos diante do que parece ser un novo ataque á liberdade asociativa. Cansos de esperar a que o sistema se autodestrúa moitos compañeiros se organizan na procura das fendas do mesmo para articular a súa loita diaria.

Esta loita comeza dende a construcción de espazos propios onde poder levar a cabo todo un ronsel de actividades que acompañan o seu traballo de rúa. Hai moitos xeitos de atopar este espazo, dende o papel dos centros sociais até o que constitúen os Centros Sociais Okupados como o das Atochas. Estes últimos son unha verdade transformadora de maior calado, forman a vida dun barrio e así mesmo fano reutilizando recunchos baleiros e inutilizados. De non ter sido polo papel activador das mulleres e homes que traballan día a día por manter viva as Atochas posiblemente o barrio tería ficado no esquezo. É duro pensar que poden pechar fábricas de soños, tan produtivas como a máxima factoría e o que é máis duro aínda é pensar que o poden facer amparándose no principio universal da lei.

Dende este cativo espazo virtual amosamos a nosa enérxica solidariedade cos compañeiros que resisten perante o feche das Atochas agardando que a súa loita teña un fin positivo. O camiño é longo e persistente pero non cabe dúbida de que algo están a facer ben se as forzas de orde se lles veñen encima deste xeito tan anormal.

Avante a okupación!
Avante a construcción popular!

Dende as BAF Lugo solidarizamonos cos companheiros do CSO e estaremos con eles resisitindo ante este novo ataque por parte do Estado Fascista Espanhol.
ACUDE E DIFUNDE!!!!